Aramark (Compostela) en loita!

0

Comunistas da Galiza-PCPE solidarízase coa xusta loita dos traballadores e traballadoras de ARAMARK-Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Os día 5, 7 e 9 de novembro  o colectivo de traballadores de Aramark (Hospital Clínico Universitario) de Santiago de Compostela vai secundar a folga convocada pola CIG para esixir:

  • O cese da represión sindical e das prácticas mafiosas da dirección deste monopolio americano, contra as e os traballadores e a súa representación colectiva.
  • A seguridade no emprego, a fin da contratación precaria e o respecto aos dereitos laborais de todo o colectivo.

O partido Comunista saúda este paso decidido e valente da asemblea de traballadores/as e anuncia que poñerá todo o seu empeño solidario no triunfo da folga e das súas reivindicacións.

Defendamos os nosos dereitos coa loita e a solidariedade de clase!